miércoles, 22 de octubre de 2008

TOP TEN MILAGRES 70´-80´ HITS

1.- " Jean Palas " - Pai X. Luis.
2.- " Soncheu, soncheu Señor" - Peleterio´s Father and the Chinesse Choir.
3.- " Dilaila " - Lolo Gusarradios.
4.- " A noite dos mortos vivintes " - Parafita´s Nights.
5.- " Todos me queren e eu quero ben " - Cazolas.
6.- " Soldadito boliviano " - Los de la Guamallosa.
7.- " El campo de fútbol es muy bueno " - Mateo Parker.
8.- " Le llamaban Charly " - Miranda y los V Dimension.
9.- " Sex Machín " - Movilla, la maravilla.
10.- " Por el camino de Emaus " - Teniente.

* 11.- " Todos a la vez no " - Padre Pizarrón.

Mándame o teu propio TOP TEN!

LISTA ALTERNATIVA - INDIE MUSIC
1.-"El fogonassso"de Sor Encarnación.
2.-"La hija del Cacique"de Sanpedro´s Father.
3.-"Cros,cros,cros."de Arturo´s Father.
4.-"Eres como una espinita"de Perez´s Father.
5.-"Alabado sea el Santísimo" de Sapo´s Father.
6.- "Alborada do Ché Guevara" de Paco Pixiñas.
7.- "I´m brother of Phenomenal Ass" de Samaritha Spring.




O colexio dos Milagres: vivir no monte non está reñido ca bóa música

Durante os anos setennta e parte dos oitenta desarrollóuse no colexio dos Milagres unha frenética actividade musical, que deu luar a unha chea de cantautores e grupos que inundaban o Monte Medo de melodías variadas e suxerentes.

Un dos artifices de este rexurdimento foi o Pai X. Luis, gran músico e puseedor dunha cultura e historografía músical vasta e culta. As súas clases ós internos son proverbiais. Ca súa cazadora negra e gafas de pasta a xogo tivo un papel primordial en todo esto.

Él descrubiu e cultivou voces como as do Miranda con V Dimension ou a do Movilla ( voz desagarradore e quexumbrosa) chamado o James Brown da Limia. Tamén hai que suliñar a O Cazolas anque ainda que non deixaba de ser un aprendiz, un "xuvil", lémbrome da apoteosis cando cantou "todos me queren e eu quero ben, quero ó meu amor e non quero a máis ningué.....". no salón de actos, sublime! e a infravalorada " Unha vella díxolle a outra....".

O Pai X. Luis fíxose moi popular pola súa interpretación de " Jean Palas " ( un xoven checo que se convertíu en bonzo cando as tropas do Pacto de Varvosia invadiron Checoslovaquia) no Festival Misioneiro. Náquelas datas destaca a maxistral dirección musical do Peleteiro´s Father da himno relixioso de estilo chinés "Soncheu, Soncheu señor quen contigo quer falar" que encheu de vágoas os ollos do Drector Xeral dos Paules Mr. Smithson de Nova Yorque.

E cicais é xusto acordarse dalgún cantautor olvidado, francotirador e incomprendido, como Mateo " A voz de Correchouso", que unía a melodías pegadizas letras explicativas como as famosas cancións " El campo de fútbol es muy bueno " ou " El pabellón de los deportes es muy bueno ".

Nacido na Guamallosa o apodado " Bichito " era a voz revolucionaria e socialista, interpretanto canción protesta como " Soldadito de Bolivia ". Tiña un gran futuro que foi truncado por un certeiro balonazo na gorxa con un balón de goma bermella.

A psicodelia estuvo representada por Parafita, ca súa música nocturna dodecafónica e claustrofóbica. Sábedes que grabou unha cassete de música de psicofonías moi popular entre os buscadores de rarezas ?.

Lolo Gusarradios o " Tom Jones do Medo" ademáis de gran cantante de ronco e varonil rexistro foiu todo un reclamo para as feminas de tódala provincia, liderando Five Dimensión que tamén contaba co gran guitarrista estilo Clapton chamado Aio.

E por último destacar ó Teniente, gran tenor, o único que construiu unha carreira musical consistente hoxe en día nas filas de dunha renombrada Coral.

A lista é infinda e aqueles tempos marcan un antes e despois nas nosas orellas, en fin, intentarei facer unha recopilación dos grandes éxitos dc esta época dourada da música.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Os berros nocturnos do Parafita, traumatizáronme durante toda a miña xuventude. Aínda hoxe teño pesadelos ó acordarme daqueles ollos desencaixados, xirando o pescozo e ameazando a todo o que se lle puxera por diante.
O peor de todo esto é que eu estaba na súa habitación.

Anónimo dijo...

Pois porque non me mandas nests comentarios a crónica daquelas terroríficas noites.

Anónimo dijo...

Fareino, pero hoxe non teño tempo.
Asegúroche que estaban pegando del catro frades ben corpulentos, que xa te figuras quen serían, e non podían con él. A todo esto os sete rapaces da "camareta" estábamos acongojados. Éramos demasiado novos para soportar un impacto sicológico daquela envergadura. A película "El Exorcista" non era nada comparado con aquelo.

Anónimo dijo...

Aínda que non foron situacións musicadas(para eso temos ao P.Nieto), atreveríame a suxerir as seguintes, que formarían parte dese Hit Parade da época:
-"El fogonassso"de Sor Encarnación.
-"La hija del Cacique"de Sanpedro´s father.
-"Cros,cros,cros."de Arturo´s father.
-"Eres como una espinita"de Perez´s father.
-"Alabado sea el Santísimo" de Sapo´s father.
E sobor de todo os solos de Gaita Galega executados por "Paco Pixiñas" vestido con coroza, nos días de choiva.

Anónimo dijo...

P.P. para cando a historia teroríficca do Parafita?