En A VIlavella apareceu de novo o temido Psicópata de Baronzás, esta vez cun plan máis ambicioso ca nunca: a romanización total do Couto Mixto Esparrexedor.
Todo empezou cando saíu do cine berrando:
—“Acabo de ver Gladiator 2 y creo que debemos convertir A Vilavella en una Roma moderna. Estoy cansado de tanta chilaba y turbante.”
Ao día seguinte presentouse na praza cun casco de lexionario, sandalias con calcetíns e un pergamiño impreso en papel da impresora:
—“Edicto I: Prohíbense as chilabas. Substitúense por túnicas. Edicto II: O polbo pasa a chamarse pulpus imperial.”
Tentou rebautizar o bar do pobo como Taberna Maximus, pero o taberneiro, sen levantar a vista, respondeu: —Aquí o único imperio é o da caña ben tirada.
O Psicópata, lonxe de renderse, iniciou a construción simbólica dun acueduto usando mangueiras de regar e ladrillos do galpón de Manolo, pero colapsou en cinco minutos, esmagado por unha cabra que se creu romana por erro.
Finalmente, declarou a romanización suspendida “por sabotaxe bárbara e falta de bocadillos”, e marchou pola estrada berrando:
—¡Ave, Couto Mixto! Volverei cando haxa toga de inverno!
Desde entón, en Baronzás saben que cada vez que alguén ve unha película épica… algo raro vai pasar
No hay comentarios:
Publicar un comentario