viernes, 12 de febrero de 2010

CASO PIEDRAFITA # AS TERRORÍFICAS NOITES NOS MILAGROS SEGUNDA PARTE (polo Corresponsal por oposición)


Fotografía tomada con cámara Kodak Polaroid do "Ente" reflexado unha das ventanas do dormitorio do Colexio dos Milagros.

Unha vez que o Piedrafita foi reducido e levado fora do lugar adicado a habitacións, os internos dispuxémonos a pasa-la noite tentando conciliar o sono,na medida do posible, uns con máis fortuna que outros.
Ás oito da mañá do día seguinte tocaba erguerse. Silencio, sobrecollemento e facianas de preocupación entre os internos.

A pregunta que circulaba en boca de todos era a de: ¿qué fixeron co Piedrafita?.
Pregunta sin resposta.
Naide sabía a donde o levaran, quen viñera a recollelo. Se volvera en sí ou pola contra seguía en estado de loucura. Por máis que indagábamos, o "non sei" era a resposta que a todos se nos daba por parte dos nosos coidadores.

Foi pasando o día e pola tarde, logo das horas de estudo,todos nos peguntábamos como pasaríamos a noite despois da experiencia traumática vivida.
Fixemos dentro de cada habitación un réxime de turnos de vixiancia para que por horas,cada un de nós permañecese en vela e vixiando por se aparecía o Piedrafita, co gallo de que os demáis poidesen dormir. A fórmula tivo éxito a medias, xa que casi ninguén pechou ollo por mor de que naide se fiaba que o rapaz que vixiaba estivese ben desperto.

Ao cabo dunhos días, correuse como un regueiro de pólvora, que o Piedrafita se aparecera nunha das habitacións á media noite, podendo ser visto por algún dos internos que permañecía en vela. Non se puña naide de acordo para contar o sucedido. Uns decían que era unha sombra do "poseso", outros que aparecía descabezado, outros decían que medía o dobre que a porta da entrada á "camareta".

En resume que o medo volveu a apoderarse de todos nos, e se cabe, incrementado polo rumor de que o Piedrafita se lle aparecera aló pola media noite á guardesa da horta donde estaban
os frutais que na tempada de verán surtían de froita ao Internado. Incluso se dixo que a devandita guardesa quedouse muda por un período de sete días, recuperando a fala tra-la intervención dun "curandeiro" da bisbarra.

Interrogada a guardesa sobor da "aparición"; soio lembraba que o aparecido era un rapaz corpulento, enorme, moi feo,e que non cruzara palabra con ela. Soio se limitou a entrar na despensa que había na casa da guardesa para levar un pouco de comida que meteu nun saco.
Foron pasando os días e o misterio do Piedrafita foi medrando como unha bola de neve.

Chegaron novas de que o tal, fora internado no Hospital Psiquiátrico Provincial. Tamén correu o rumor de que se escapara do frenopático, e que andaba vagando polos montes que circundaban o Internado. Nada de certo se soupo.
Algún interno asegurou que en noites de invernía, e cando máis zoaba o vento pudo ouvir os alaridos do Piedrafita proveñintes das faldas da Serra de San Mamede.

Certo ou non, a historia do Piedrafíta non remata aquí. Quédannos moitas preguntas sen resposta. Entre elas a aseveración dalgunhas persoas que manifestaron que morrera no Psiquiátrico e que a súa pantasma vagaba polos montes que circundaban o internado manifestándoselle a algúns conductores que percorrian, aló pola media noite, as estradas próximas ao Internado.


Sonido orixinal dunha psicofonía grabada nun dos pasillos das habitacións con un cassette PHILLIPS.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Dame medo ata a mín...

Anónimo dijo...

El miedo paraliza mis piernas.
Tengo paníco a mirar al espejo y en de verme reflejado ver la mirada del Ente fija en mí !

Anónimo dijo...

Más de lo mismo. Igual pensais que alguien se puede creer esta historia.

PIPI dijo...

EStos relatos son verídicos, sepueden contrastar con todos los que estuvimos internos en aquel momento.

GRAN dijo...

Para los que ponen en duda estos episodios, corroboro lo que dice Pipi en su comentario. Yo viví aquella situación y prefiero no recordarla. Bueno; lo de las apariciones yo tampoco me lo creo, pero cuando el río suena.......

Anónimo dijo...

Pues son más creibles estas apariciones que la por ejemplo la resurreccción de Cristo.

Anónimo dijo...

Algo de este relato debe ser cierto cuando lo están investigando IKER JIMÉNEZ y su mujer.

Anónimo dijo...

Ahora caigo en la cuenta. Hace unos días fui a comer al restaurente de Os Milagres y en una mesa estaba comiendo Iker Jiménez, salió poco después y se encaminó con una serie de "aparatos" en la mano hacia la parte de atrás del Santuario. Poco después lo vi pasar en un Jeep hacia Pias y Castro de Escuadro.

PIPI dijo...

Sío, correcto. Está grabando un programa sobre este caso que se emitirá en CUARTO MILENIO. creo que vino acompañado de su mujer.
estoy haciendo gestiones al más alto nivel para entrevistarlo.

Anónimo dijo...

Desde hace unos días os traeis un lio muy grande con este tema del chico piedrafrita. No me creo nada. Supongo que sería el pardillo de turno del seminario y os estais cachondeando de el.
¿Por cierto de donde era?

Anónimo dijo...

estaremos atentos a esa posible entrevista con el segundo IKER más famoso de España y su dulce esposa.