lunes, 23 de enero de 2012

HUMBERTUS OBISPO DE MINGARABEIZA IMPLICADO EN EL ESCÁNDALO DE LOS RELOJES FALSOS

HUMBERTUS, OBISPO:
Cuando tomé posesión del Obispado de Mingarabeiza me regalaron un Paté Filí. Marcha regular. Es híbrido, esto quiere decir que carga con una batería que se conecta a la red eléctrica con una autonomía de tres horas. Luego le doy cuerda y ya está.
Si el tiempo está frío atrasa a razón de cuatro minutos por día y si hace calor adelanta de igual modo. Bueno bastante bien anda si tenemos en cuenta que en la última reparación descubrí que el tourbillón está confeccionado con piezas de madera de castaño.

Kamubi y Pejerto dos maestros relojeros amparados por la denominación GENEVE que se instalaron en la Raia y saben muy bien lo que hacen.En la actualidad trabajan en la fabricación de navajas con la hoja de madera.


CHAMBELÁN:
" Conozco a Pejerto desde la niñez y fabrica relojes de mejor calidad que los Geneve. Es capaz de hacer un despertador con una bolsa de clementinas"

5 comentarios:

Manuel dijo...

Estimado Sr. Director:
acolléndome ó dereito á réplica, prego publique esta nota aclaratoria sobre o chamado “escándalo dos falsos reloxios”.
É vox populi que o asunto dos reloxios está a afectar a distintas personalidades do Couto Mixto, pero penso que se está esquecendo a historia do lugar e cómo esto afecta ó miolo do asunto.
O Couto Mixto tuvo sempre independencia tanto do reino de España coma do de Portugal. Sabemos que os cidadáns do Couto, no momento de casar, podían elexir a qué nacionalidade se acollían, e moitos decidiron manterse independentes das dúas potencias veciñas. Un xenial filósofo local, Abū l-Walīd Muhammad ibn Touza ibn Worwe Louis ibn Torces, matinando alá pola segunda década da decimoséptima centuria sobre os dereitos dos coutáns, chegou á conclusión de que a verdadeira independencia tiña que extenderse a tódolos ordes da vida; por ende, tamén á medida do tempo. Desde aquela, os habitantes do Couto deciden cada ano cál é a súa hora local, que nin xiquera vai de acordo coa do meridián.
Deseguida se plantexou un problema práctico: cómo medir a hora cando cada ano se escollía unha distinta (a data de hoxe, a hora local vai 3h 47 minutos por diante do meridiano de Greenwich). Aí é onde entran os nosos coñecidos reloxeiros, especialmente Pegerto, pois en máis de douscentos anos foi o único creador que conseguíu fabricar un reloxio que marca a hora en tres horarios diferentes (por razóns práctias evidentes): hora coután, hora española e hora portuguesa.
Para conseguir esto, o mestre Pegerto houbo de inventar toda unha nova tecnoloxía, tarefa na que foi axudado polo seu amigo Kamubi, experto en toda clase de ciencias esotéricas e estratosféricas e inda feéricas. A ignorancia do vulgo, sempre dado a sospeitar maquinacións onde non hai máis que ciencia (unha ciencia diferente, certo), deu en derramar o lixo da sospeita sobre unha actividade tan útil e práctica como é a creación de reloxes coutáns, chamémoslle así. E si a creación dunha nova rama da ciencia reloxeira leva aparellada algunha ganancia, non deixa esta de ser un resultado ancilar, cando o importante é a medición dese abismo que chamamos tempo.
Reciba unha cordial aperta do Gran Chambelán.

Manuel dijo...

Por si quedaran dúbidas da importancia do asunto dos reloxios e da peculiar situación temporal do Couto Mixto, compre facer saber para público coñecimento que esta tuvo unha tremenda repercusión no mundo exterior:
• Figura no tombo 4º, volumen 1º de 1908 dos arquivos locais que, por mor de consultar un asunto de patentes cara a presentación mundial dos reloxes Geneve, os representantes do Couto Mixto recibiron na casa do arcipreste a un representante da oficina suiza de patentes, un tal Monsieur Einstein, que pasou un par de semanas no Couto, lendo canto papel lle caíu nas maus sobre a cuestión do horario. Negan os seus biógrafos que a teoría da relatividade teña nada que ver coa variedade local de uva chamada Ollo de Lebre.
• Sábese que no marco da viaxe que o grande escritor Jorge Luis Borges fixo a España en 1919, sendo mozo, fixo unha pequena tournée polo Norte de Portugal á precura das orixes do seu apelido, e din os arquivos locais do Couto Mixto que “pasou por aquí en maio de 1920, camiño de Lama de Arcos, un rapás bastante espabilado que andaba a preguntar por uns antergos”, e que visitou os arquivos nesas datas. E de aí veu a experiencia que, moitos anos despois, haberían de xermolar na Biblioteca de Babel, onde textualmente exclama “Oh tiempo tus pirámides”
• Consta que Salvador Dalí tuvo noticias de tan extraña situación no Couto a través dun seu amigo, quen lle mostrou algún dos reloxios de Pejerto, á vista dos pasmou; deducen os críticios daliniáns que a súa grande obra “Persistencia de la memoria” foi o resultado desa contemplación.
• É ampliamente coñecida no Couto a amizade que uníu ó prolífico Cunqueiro co taberneiro Presterton, do León e a Mociña, e corre o rumor que dunha noite de esmorga no local (na que estuvo presente un sobriño de Pegerto) saíu a idea do reloxeiro suizo Mosiú Simplon, que tan fermosas bolas de neve creaba na novela Merlín e familia, e cuia rara sabiduría está claramente inspirada na mestura de Kamubi con Pegerto, filtrada pola mente xenial do escritor.
• Consta nos arquivos locais unha visita relámpago dun inglés estrafalario a finais dos anos setenta do pasado século, interesado tamén polos procesos de creación dos famosos reloxios. Esculcando a touro pasado e cotexando datas e persoas, o egrexio crítico inglés Sir John Archibald Wheeler chega á conclusión que o fugaz viaxeiro non é outro que Richard Dawkins, que inspirado pola peculiar situación do Couto publicaría en 1986 The Blind Watchmaker –O reloxeiro cego-, ensaio no que varre decontado as supersticións cristiáns e deístas sobre a creación da vida. Nega tamén sir John que o título teña ren que ver coa visita de Dawkins ó León e a Mociña.
• Por non falar do famoso festival de flautas do 68, no que se interpretou a inédita canción Tempo, cuios arpexios están calcados, ce por be, na canción Time, de Pink Floyd. A cuestión anda nos Tribunáis de Xenebra (Suiza).
• Sábese tamén que a coñecidísima frase “o tempo fuma xarutos” foi “fusilada” por David Bowie na súa frase “Time takes a cigarette”, pero daquela non esistía o copirait e os coutáns desistiron de emprender accións legais.

… e moitos máis que a miña pobre memoria xa non lembra.
Gracias de novo. Un saúdo cordial do Gran Chambelán.

Anónimo dijo...

Sr.Director: Está Vd.que se sale en esta nueva temporada de relanzamiento del blog. Los textos y montajes inmejorables, me parto de risa cada vez que ojeo el "Limón Limonero".
Y cambiando de tema; no estoy implicado en la falsificación de los Paté Filí. Los curas diocesanos de Mingarabeiza me regalaron uno en mi toma de posesión como Pastor de la Diócesis y nada más. Yo padecí la falsificación pero no participé en ella. Doy gracias a Dios pues el desaguisado tiene solución. Cada año mando el Paté Filí a la relojería de Cuervo y sus sobrinos, lo engrasan un poco, pulen la madera del tourbillón y ya está.
Un abrazo en Cristo.
HUMBERTUS.Prelado de Mingarabeiza.

Anónimo dijo...

Joer,
calquera lee as sábans que publicades

PIPI dijo...

Qué sigñifica sabáns